Galego

 
Vexa na Galipedia o artigo acerca de «auga».
 
Animación acelerada de como o xeo pasa a estado líquido nun vaso. Os 50 minutos transcorridos concéntranse en 4 segundos
  •   Pronuncia: /ˈaw.ɣa̯/ (AFI)

  Substantivo feminino

auga
(sg: auga; pl: augas)

  1. (Física) e (Química) Composto químico incoloro, inodoro e insípido, líquido en condicións estándares de presión e temperatura, moi abundante na natureza, cuxa composición molecular é de dous átomos de hidróxeno e un de osíxeno.
  2. Por extensión, chuvia.
  3. Por extensión, corrente deste líquido.
  4. Por extensión, bebida ou calquera substancia líquida formado por este líquido.
  5. Por extensión, bágoas, secreción dos ollos.
  6. Cada unha das vertentes dun tellado.
  7. (Figurado) O mar.

  Substantivo feminino plural

augas

  1. Establecemento balneario medicinal.
  2. Zona marítima dun país.
  3. Por extensión, brillos cambiantes en forma de ondas de certos materiais.

Termos relacionados

a Deus dar auga, acudir con auga á casa queimada, afogar en pouca agua, andar pola auga e preguntar por ela, apañar auga nunha peneira, bailarlle a auga a alguén, botar auga no mar, claro coma a auga, coller auga nun cesto, como auga de maio, deixar correr a auga, escribir na auga, facerse auga na boca, ir ás augas, auga aromatizada, auga atmosférica, auga cabría, auga carbonatada, auga carbónica, auga chirla, auga choca, auga con gas, auga da forxa, auga das castañas, auga de azar, auga de castañas, auga de enriba do corazón, auga de manancial, auga de mesa, auga de ovos, auga de pillota, auga de Seltz, auga do corazón, auga doce, auga dos dioivos, auga fósil, auga industrial, auga lentía, auga loda, auga mansa, auga mineral, auga mineralizada, auga miúda, auga nevada, auga miúda, auga osixenada, auga oxixenada, auga patañeira, auga partida, auga pasada, auga que dorme, auga salgada, auga sen gas, auga tónica, augacento, augar, augardente, augas arriba, augas bautismais, augas continentais, augas internacionais, augas da rega, augas menores, augas mornas, augas mortas, augas queimonas, augas residuais, augas territoriais, augas xurisdicionais, auguento, mexar auga bendita, nin auga, non ir por aí a auga ao rego, romper augas, traballaren as augas

Traducións