Galego

 
Vexa na Galipedia o artigo acerca de «substancia».
  •   Pronuncia: [subsˈtan.θjɐ] (AFI)

  Substantivo feminino

substancia (sg: substancia; pl: substancias)

  1. Calquera materia de que están formados os corpos.
    • Exemplo: Hai substancias orgánicas e inorgánicas.

  2. Parte esencial ou maís importante dunha cousa.
    • Exemplo: O interese desta novela é a substancia, porque os personaxes están mal debuxados.

  3. Aquilo que proporciona sabor ou consistencia a unha comida.
    • Exemplo: Este caldo non ten substancia ningunha.

  4. (Filosofía) Na filosofía aristotélica-escolástica, ente que é o soporte dos accidentes e que existe por si mesmo, sen depender de ningunha outra entidade.
    • Exemplo: Os accidentes, ou calidades, poden cambiar, a substancia permanece.

Véxase tamén

Termos relacionados

Traducións