Galego

 
Sifón de auga de Seltz

  Locución substantiva feminina

auga de Seltz

  1. Bebida a base de agua carbonatada cun contido mínimo de 6 g/l de anhídrido carbónico, pero que, a diferenza da agua de soda, non necesariamente contén bicarbonato de sodio. Adóitase envasar nun sifón (de aí a súa outra denominación, auga de sifón), que se utiliza para conter a bebida sen que perda o gas e para servila. Considérase un dixestivo e utilízase para rebaixar o vermú e outras bebidas alcohólicas.

Observacións

Seltz é unha comuna francesa do departamento de Baixo Rin, na rexión de Alsacia. A auga de Seltz non ten ningunha relación con esta poboación, senón con outra diferente, a alemá Selters, no estado de Hessen, que ten un famoso manancial de auga carbonatada natural, coñecido desde a Antigüidade.