diferenza
Galego
- Etimoloxía: do latín differentia.
- Pronuncia: /difeˈɾɛnθa̝/ /difeˈɾenθa̝/ (AFI)
diferenza (sg: diferenza; pl: diferenzas)
- Calidade pola que unha persoa ou cousa se distingue doutra.
- Sinónimos: desemellanza.
- Falta de acordo, causa de disensión ou materia de controversia entre dúas ou máis persoas.
- Observacións: Adoita empregarse en plural.
- Sinónimos: discrepancia, disensión, diverxencia.
- (Matemáticas) Magnitude ou cantidade que resulta da substracción entre dúas magnitudes ou cantidades da mesma natureza.
Termos relacionados
- a diferenza de
- diferenciábel, diferenciable
- diferenciación
- diferenciado
- diferenciador
- diferencial
- diferencialismo
- diferencialista
- diferenciar
- diferente
- diferenza de potencial
- partir a diferenza
Traducións
diferenza entre duas cousas