presión atmosférica
Galego
- Etimoloxía: de presión e atmosférica.
- Pronuncia: /pɾeˈsjoŋ atmosˈfɛɾika̝/ (AFI)
presión atmosférica (sg: presión atmosférica; pl: presións atmosféricas)
- (Física) (Meteoroloxía) Presión exercida polo aire en calquera punto da atmosfera. Normalmente refírese á presión atmosférica terrestre, pero o termo é extensíbel á atmosfera de calquera planeta ou satélite. A atmosfera na Terra ten unha presión media de 1.013,25 hectopascais (hPa) ou milibares (mbar) ao nivel do mar, medido na latitude 45º. A unidade de presión do Sistema Internacional de Unidades (SI) é o newton por metro cadrado (N/m²) ou Pascal (Pa). A presión atmosférica a nivel do mar en unidades internacionais é de 101.325 N/m² ou Pa.
- Exemplo: A presión atmosférica os meteorólogos mídena en milibares
.
- Exemplo: A presión atmosférica os meteorólogos mídena en milibares