Sistema Internacional de Unidades
Galego
- Etimoloxía: composto de sistema, internacional e unidade.
Locución substantiva masculina
En verde, os Estados que adoptaron o Sistema Internacional de Unidades como prioritario ou único. Os tres únicos países que na súa lexislación non o adoptaron son Birmania, Liberia e Estados Unidos.
Sistema Internacional de Unidades
- (Física, metroloxía) Sistema de unidades de medida universal que define sete unidades básicas ou unidades físicas fundamentais, e define as demais unidades como derivadas destas unidades básicas, coñecidas como unidades derivadas do SI. Úsanse prefixos para abreviar números moi grandes ou moi pequenos. É o sistema de medición usado en case todo o mundo.
Sinónimos
- Sistema Internacional (forma curta)
- SI (abreviatura)
Termos relacionados
Véxase tamén
Traducións
- Alemán: Internationales Einheitensystem (de)
- Castelán: Sistema Internacional de Unidades (es)
- Catalán: Sistema Internacional d'Unitats (ca)
- Francés: Système international d’unités (fr), Système international (fr)
- Inglés: International System of Units (en)
- Italiano: Sistema Internazionale (it)
- Portugués: Sistema Internacional de Unidades (pt)
- Vasco: Nazioarteko Unitate Sistema (eu)