silicato
Galego
- Etimoloxía: do latín silex, -ĭcis, sílice e -ato.
- Pronuncia: /si.li.'ka.to̯/ (AFI)
silicato (sg: silicato; pl: silicatos)
- (Química) e (Xeoloxía) Sal ou éster do ácido silícico.
- (Química) e (Xeoloxía) Grupo de minerais que conteñen silicio, oxíxeno e un ou máis metais, como aluminio, ferro, magnesio ou calcio. É o grupo de minerais máis abundante, xa que constitúen o 95 % da codia terrestre, ademais de seren o grupo de máis importancia xeolóxica por seren petroxénicos, é dicir, os minerales que forman as rochas.