Galego

 
Vexa na Galipedia o artigo acerca de «grupo».
  •   Pronuncia: /ˈɡɾupo̝/ (AFI)

  Substantivo masculino

grupo (sg: grupo; pl: grupos)

  1. Conxunto diferenciado de persoas que posúen certas características comúns e que, polo xeral, están nun mesmo lugar.
  2. Conxunto diferenciado de animais que posúen certas características comúns e que, polo xeral, están nun mesmo lugar.
  3. Conxunto diferenciado de cousas ou seres vivos inertes que posúen certas características comúns e que, polo xeral, están nun mesmo lugar.
  4. Conxunto de persoas organizado e unido na busca duns intereses comúns, na realización dun labor ou traballo, etc.
    • Exemplo: A participación no grupo de traballo é voluntaria, pero cómpre apuntarse.

    • Sinónimos: equipo.
  5. (Crime) Conxunto de persoas que cometen un delito de maneira organizada.
  6. (Política) Conxunto de persoas organizado e unido na busca duns intereses políticos comúns.
  7. (Música) Conxunto de instrumentistas que tocan e actúan xuntos.
  8. (Matemáticas) Conxunto de elementos que se relacionan entre si segundo unhas determinadas características ou leis.
    • Exemplo: O grupo dos números enteiros.

  9. (Química) Cada unha das columnas da táboa periódica que conteñen elementos de propiedades semellantes.
    • Exemplo: O grupo dos gases raros.

  10. (Bioloxía) Tipo en que se clasifica o sangue segundo a presenza de determinados anticorpos.
  11. (Lingüística) Conxunción de dúas ou máis vogais ou consoantes.
    • Exemplo: O grupo -ct- perde o «c» se vai precedido de vogal débil.

Traducións


Castelán

  Substantivo masculino

grupo (sg: grupo; pl: grupos)

  1. Grupo (conxunto diferenciado de persoas).
  2. Fato, grupo (conxunto diferenciado de animais).
  3. Feixe, grupo (conxunto diferenciado de cousas ou seres vivos inertes).
  4. Equipo, grupo (conxunto de persoas organizado).
  5. (Crime) Banda, grupo.
  6. (Política) Grupo, partido.
  7. (Música) Banda, conxunto, grupo.
  8. (Matemáticas) Grupo.
  9. (Química) Grupo.
  10. (Bioloxía) Grupo, grupo sanguíneo.
  11. (Lingüística) Grupo.