mozo
Galego
- Pronuncia: /ˈmoθo̝/ (AFI)
mozo (ms: mozo; mpl: mozos; fs: moza; fpl: mozas)
- Que ten poucos anos, tradicionalmente, entre 15 e 20.
- Exemplo: Era un dos alumnos máis mozos.
- Exemplo: Era un dos alumnos máis mozos.
mozo (ms: mozo; mpl: mozos; fs: moza; fpl: mozas)
- Persoa de poucos anos, maior que un neno pero aínda non adulto.
- Exemplo: Co mozo galán ten a filla da man.
- Sinónimos: novo, rapaz.
- Termos relacionados: arco das mozas, mozo vello.
- Exemplo: Co mozo galán ten a filla da man.
- Por extensión, persoa que aparenta ter menos anos dos que ten.
- Exemplo: Así tan requintado parece aínda mozo.
- Termos relacionados: bo mozo, estar mozo.
- Exemplo: Así tan requintado parece aínda mozo.
- Persoa coa que se ten unha relación sentimental.
- Exemplo: Mañá vou ó cine coa moza pero o sábado estou libre.
- Sinónimos: amigo, compañeiro, noivo.
- Termos relacionados: parella, ir ás mozas, mocear.
- Exemplo: Mañá vou ó cine coa moza pero o sábado estou libre.
Traducións
- Alemán: Junge (de)
- Castelán: (1) chico (es), muchacho (es).
- Sokna: (1) moozain (swn) (sexo masculino), temuzzeet (swn) (sexo feminino).
mozo (sg: mozo; pl: mozos)
- (Exército) Persoa chamada a servir no exército.
- (Profesións) Persoa que realiza certos traballos non cualificados, normalmente no servizo doméstico ou de carga e descarga.
- Exemplo: Dille ó mozo que suba as maletas.
- Exemplo: Dille ó mozo que suba as maletas.
- (Mariña) Mariñeiro novo, que vai no barco como aprendiz.
- (Carro) Pau que se enganchaba no extremo de diante da cabezalla do carro e que servía para sostelo horizontalmente cando se quitaba a xugada.
Traducións
Partes do carro |
acicarro - adival - afungadoiro - aixeda - amoradoiro - betoque - botoalla - brigueira - cabezalla - cabrita - cáceres - cadea - cádiga - caínza - camallón - camba - cambón - cancil - canga - canizo - cantadeira - cazoleta - chambaril - chantón - chavella - chaveta - cheda - chedeiro - cherca - contrarrellas - corre - coucillón - cueira - dentoira - empatías - eixo - espigo - estrobo - estadullo - freo - fungueiro - fura - gato - ladral - lamia - loro - mil - miñón - mozo - ollal - paínza - pebida - penle - ponte - ranqueiro - recadén - rella - roda - rodeiro - soliño - tentemozo - tilla - treitoira - xugo - zuncho |
Castelán
mozo (sg: mozo; pl: mozos)