Galego

 
Vexa na Galipedia o artigo acerca de «xugo».
  •   Pronuncia: /ˈʃuɣo̝/ (AFI)

  Substantivo masculino

xugo ----

singular plural
xugo xugos
  1. (Carro) Peza de madeira que se lle coloca aos animais de tiro para enganchalos ao carro ou ao arado.
    • Sinónimos: canga.
    • Exemplo: O risco de Salomón tallábase nos xugos dos bois como protector da xugada.

  2. (Agricultura) Traveseiro do emparrado das vides no que se suxeitan os arames, paus ou canas ós que se atan as cepas.
  3. Cepo da campá.
    • Exemplo: "Enxugar as campás" é poñer o cepo ou "xugo" dunha campá eixado nos zocos da espadana ou campanario.

  4. Vínculo matrimonial.
    • Exemplo: A nai confiaba que o xugo do matrimonio e a canga das obrigas termara deles.

  5. Estola que se poñía ós noivos sobre os ombreiros durante a cerimonia da voda.
  6. (Figurado) Situación de sometemento ante unha persoa ou institución, por razon da autoridade ou forza desta.
    • Exemplo: O noso pobo endexamais puido sacudir o xugo con que el mesmo axudou a someter á súa patria.

      (Castelao: Sempre en Galiza)

Termos relacionados

Traducións

Véxase tamén

  Substantivo masculino


singular plural
xugo xugos
  1. (Mallo) Correa que une as dúas pezas do mallo.

Sinónimos


Véneto

  Substantivo masculino

xugo (sg: xugo; pl: xughi)

  1. Xogo

Variantes