Galego

 
Vexa na Galipedia o artigo acerca de «xogo».
 
Xogo da mariola.
 
Pezas do xogo de xadrez.
  •   Pronuncia: /'ʃɔ.ɣo̯/ (AFI)

  Substantivo masculino

xogo (sg: xogo; pl: xogos)

  1. Acción de xogar.
    • Exemplo: Deixa o xogo e ven xantar

      .
  2. Cada unha das actividades que se realizan co único fin de entreterse e divertirse, e que se caracterizan por estar organizadas conforme unhas regras determinadas e, ás veces, por precisar duns obxectos concretos.
    • Exemplo: O tute é un xogo

      .
  3. Aquilo co que se xoga seguindo determinadas regras.
    • Exemplo: Regaláronme un xogo de xadre

      .
  4. Entretemento no que se arriscan cartos.
    • Exemplo: Arruinouse por culpa do xogo

      .
  5. Conxunto de cartas que nos xogos da baralla ten un xogador na man.
    • Exemplo: Nesta partida levo un bo xogo

      .
  6. Conxunto de cousas que teñen as mesmas características básicas e, complementándose, serven para un mesmo fin.
    • Exemplo: Un xogo de chaves. Un xogo de café

      .
  7. Combinación de certas cousas que lugar a un conxunto.
    • Exemplo: Xogos de luces. Xogos de auga

      .
  8. Maneira de xogar.
    • Exemplo: Fixo un xogo moi hábil e gañou

      .
  9. Maneira de actuar conforme unhas intencións determinadas.
    • Exemplo: Non lle sigas o xogo a esa xente

      .
  10. Parte pola que se unen dous ósos, e movemento desa parte.
    • Exemplo: O pantalón estórbame no xogo da perna

      .

  Substantivo masculino plural

  1. Reunión deportiva na que se realizan competicións de distintos deportes.
    • {{exemplo|Os Xogos Olímpicos.

Observacións

  1. Na 10ª acepción son sinónimos artellamento, articulación, xoga, xógara, xunta, xuntura.

Termos relacionados