xunta
Galego
- Pronuncia: [ˈʃun.tɐ] (AFI)
xunta1
- Etimoloxía: do adxectivo xunto.
singular | plural |
xunta | xuntas |
- Reunión dun grupo de persoas para tratar un tema
- Grupo de persoas que dirixen, administran ou gobernan unha institución.
- Punto de unión entre dúas cousas.
- Sinónimos: xuntura.
- (Anatomía) Unión entre dous ósos.
- Sinónimos: artellamento, articulación, xoga, xógara, xogo, xuntura.
- (Arquitectura) Cada unha das dúas superficies laterais dun perpiaño.
- (Arquitectura) Espazo entre as pedras ou ladrillos dun muro que está reenchido con cemento, xeso, argamasa ou outro material.
- (Tecnoloxía) Peza colocada nas unións dunha tubaxe ou outras partes para evitar o escape de fluídos.
- (Carro) Parella de animais que tira dun carro ou arado.
- Sinónimos: xugada.
Véxase tamén
- Apéndice: Partes do carro
- Vexa o artigo «carro» na Galipedia.
xunta2
- Definición impropia: Indica proximidade física, normalmente con movemento cara ó punto de contacto cun obxecto estático.
- Exemplo: Non quixo vir xunta min.
Sinónimos
Traducións
Observacións
Con pronomes, úsase seguido da forma átona en acusativo (forma oblicua).