Galego

 
Vexa na Galipedia o artigo acerca de «xeso».
 
[1]
  •   Pronuncia: [ˈʃɛ.sʊ] (AFI)

  Substantivo masculino

xeso (sg: xeso; pl: xesos)

  1. (Mineraloxía) Mineral moi brando, composto primariamente de dihidrato de sulfato de calcio (fórmula: CaSO₄·2H₂O), de hábito cristalino prismático, monoclínico, de cor branco, transparente a translúcido, usado desde a Antigüidade para construción e como aditivo en diversos procesos culinarios.
  2. (Arquitectura) Po deste mineral deshidratado, usado como material de construción, especialmente en revestimentos e pezas decorativas como escaiola.
  3. (Arte) Obra escultórica baleirada neste mineral.
  4. (Medicina) Vendaxe impregnada deste mineral que se emprega para inmobilizar un membro en caso de fracturas ou fisuras dos ósos.

Termos relacionados