Galego

  •   Pronuncia: /im.pɾɛg.'naɾ/ (AFI)

  Verbo transitivo

impregnar

  1. Penetrar as partículas dun corpo nas doutro, fixándose nel por afinidades mecánicas ou fisicoquímicas.
    • Exemplo: A enfermeira impregnou o algodón con tintura de iodo.

  2. Mollar un corpo poroso de maneira considerábel.
    • Exemplo: Impregnei o algodón con alcohol.

  3. (Figurado) Influír profundamente en algo ou en alguén.
    • Exemplo: As ideas revolucionarias impregnaron seu espírito.

Observacións

  Verbo pronominal

impregnarse

    • Exemplo: A alfombra impregnouse do viño que caeu da mesa.