Galego

  •   Pronuncia: /tɾans.pa.'ɾen.te̯/ (AFI)

  Adxectivo

transparente
(sg: transparente; pl: transparentes)

  1. Dise do corpo que deixa pasar a luz e permite ver os obxetos con nitidez a través del.
    • Exemplo: Os vidros dos escaparates son transparentes.

  2. Dito especialmente dunha institución ou dunha entidade, ou dos seus promotores, que subministra información abonda sobre a súa maneira de actuar.
    • Exemplo: Esta empresa é transparente total.

  3. Dito especialmente dunha xestión ou dun proceso, que se realiza sen que se oculte información sobre a maneira en que se fai ou se desenvolve e, en particular, sen que haia dúbida sobre a súa legalidade ou limpeza.
    • Exemplo: As actividades deste grupo parénceme pouco transparentes.

  4. (Figurado) Claro, patente.
    • Exemplo: A súa proposta é pouco transparente.

  Substantivo masculino

transparente
(sg: transparente; pl: transparentes)

  1. Anaco de tea, papel, etc., que se coloca para diminuir a luz dunha ventá ou dun foco de luz.
    • Exemplo: As bibliotecarias puxeron un transparente para evitar que o exceso de luz deteriore os libros.

  2. (Arte) Motivo decorativo que se esculpe nunha ventá e se ilumina por detrás para adornar o fondo dun altar.
    • Exemplo: Os transparentes foron moi usados no século XVIII.