Galego

  •   Pronuncia: /a.ðoɾ.'naɾ/ (AFI)

  Verbo transitivo

adornar

  1. Embelecer con adornos.
    • Exemplo: As nenas de 3º de primaria adornaron o folio do exame cuns debuxos.

Sinónimos

aderezar, adobiar, enfeitar, engalanar

  Verbo pronominal

  1. Prepararse con adornos.
    • Exemplo: Cando vai a unha voda, miña filla adórnase coas mellores xoias.

Sinónimos

acicalarse, aderezarse, amañarse, enfeitarse, engalanarse