Galego

 
Vexa na Galipedia o artigo acerca de «pedra».
  •   Pronuncia: /ˈpɛðɾa̝/ (AFI)

  Substantivo feminino

pedra (sg: pedra; pl: pedras)

  1. (Xeoloxía) Materia sólida caracterizada por unha elevada consistencia que se acha na codia terrestre.
  2. Anaco de pedra1.
  3. (Meteoroloxía) Choiva conxelada que cae en forma de grans.
  4. (Botánica) Semente dura recuberta de material leñoso como as que se atopan no interior das drupas, como as da ameixa, o albaricoque, o melocotón e o pexego.
  5. Corpo que aparece nalgúns órganos por acumularense sales inorgánicos neles.
  6. Barriña que fai chispas nalgúns chisqueiros.
  7. Acumulación de sales de calcio e fósforo sobre a superficie dental, en forma de capa, de cor amarelada, sobre o esmalte dos dentes.
  8. Moa do muíño.

Termos relacionados

Traducións


Catalán

  •   Pronuncia: oriental /ˈpe.ðɾə/, occidental /ˈpe.ðɾa/ (AFI)

  Substantivo feminino

pedra (sg: pedra; pl: pedres)

  1. Pedra.


Galego-portugués

  Substantivo feminino

pedra (sg: pedra; pl: pedras)

  1. Pedra.


Portugués

  Substantivo feminino

pedra (sg: pedra; pl: pedras)

  1. Pedra.