dente
Galego
- Etimoloxía: do latín dens, dentis.
- Pronuncia: [ˈd̪en.t̪ɪ], [ˈd̪ɛn.t̪ɪ] (AFI)
Substantivo masculino
dente (sg: dente; pl: dentes)
- (Anatomía e zooloxía) Cada unha das pezas da boca dos animais, que serven para cortar, esgazar, mastigar e trabar. No home, a dentición de leite está formada por 20 pezas, e a permanente por 32 pezas.
- Exemplo: Tiña unha carie nun dente dianteiro.
- Sinónimos: peza.
- Termos relacionados: con uñas e dentes, dente de can, dente de leite, dente da mama, dente de león, a regaña dentes, botar o dente, botar os dentes, dar dente con dente, ensinar os dentes, falar entre dentes, regañar os dentes, ser de bo dente, ser de mal dente, alvéolo dentario, canino, cairo, canteiro, dentabrún, dentada, dental, dentadura, dentame, dentamia, denteira, dentición, dentículo, dentífrico, dentista, endodoncia, estomatólogo, estomatoloxía, incisivo, moa, molar, odontalxia, odontoblasto, odontólogo, odontoloxía, ortodoncia, odontoxénese, periodoncia, periodontite, premolar.
- Exemplo: Tiña unha carie nun dente dianteiro.
- (Anatomía e zooloxía) Especificamente, cada un dos incisivos e caninos, por diferenza co resto das pezas dentarias, chamadas moas (premolares e molares).
- (Figurado) Peza ou parte dun trebello que sobresae, cando é aguda.
- Exemplo: Fun bater co dente do arado.
- Exemplo: Fun bater co dente do arado.
- (Alimentación) Cada unha das pezas que conforman unha cabeza de allo.
- Exemplo: O dente de allo protexe contra o mal de ollo.
- Sinónimos: allo, dente de allo.
- Exemplo: O dente de allo protexe contra o mal de ollo.
Galería
-
Esquema dun dente.
(A: Coroa, B: Raíz)
1 esmalte, 2 dentina, 3 polpa, 4 enxiva, 5 cemento, 6 óso alveolar, 7 vaso sanguíneo, 8 nervio -
Primeiro dente incisivo humano, da hemimandíbula superior esquerda
-
Hemimandíbula dun humano
-
Alvéolo dentario do segundo premolar dun bovino
Traducións
Peza da boca
Italiano
- Etimoloxía: do latín dens, dentis.
Substantivo masculino
dente (sg: dente; pl: denti)
Portugués
- Etimoloxía: do latín dens, dentis.
Substantivo masculino
dente (sg: dente; pl: dentes)