(Anatomía) Cada unha das pezas dentarias, situadas na parte posterior da arcada dentaria, cuxa función é tritura-la comida. No home adulto son 20, en número de 5 por hemimandíbula.
Observacións: tecnicamente, distínguese entre premolares (2 por hemimandíbula) e molares (3 por hemimandíbula); o último molar de cada arcada é a chamada moa do xuízo.
Peza do muíño, en forma de roda de pedra, que xira sobre o pé, moendo o gran que cae entre ela e o pé, fixo.