Galego

 
Moa do xuízo inferior

  Locución substantiva feminina

moa do xuízo

  1. (Anatomía) Cada unha das catro moas que na idade adulta, xeralmente entre os 17 e os 25 anos, nacen en cada un dos extremos dos maxilares das persoas. Porén, poden aparecer a unha idade menor ou máis avanzada e, en ocasións, non facelo nunca, por estaren retidas ou por non terse formado. O seu apelativo débese a que á idade na que aparecen as persoas teñen un xuízo máis desaenvolvido.

Sinónimos

moa cordal, moa do siso