Galego

  •   Pronuncia: /ɔ.ka,ˈsjoŋ/ (AFI)

  Substantivo feminino

ocasión (sg: ocasión; pl: ocasións)

  1. Estado ou situación das cousas nun determinado momento e, especialmente, estado ou situación propicios.
    • Exemplo: Aproveitei a ocasión de estar na aldea para comprar varias ducias de ovos. Se tes a ocasión, venme ver

      .
  2. Situación que determina ou provoca que suceda algo.
    • Exemplo: As súas visitas eran ocasión de grandes disputas.

Sinónimos

conxuntura, oportunidade, posibilidade

Termos relacionados

de ocasión, ocasión próxima, ocasión remota