Galego

  •   Pronuncia: /su.θe.ˈdeɾ/ ou /su.se.ˈdeɾ/ (AFI)

  Verbo intransitivo

suceder

  1. Ter lugar un suceso.
    • Exemplo: O crime sucedeu pola noite.

  2. Ocorrer unha cousa despois doutra.
    • Exemplo: Á guerra sucedeulle un amplo período de paz.

Observacións

  Verbo transitivo

suceder

  1. Pasar a ocupar un cargo, un posto, unha dignidade, ou a desempeñar a función de alguén, a continuación doutra persoa.
    • Exemplo: A Carlos I sucedeu na coroa de España seu fillo Filipe II.

  2. (Dereito) Recibir, segundo a lei, os bens que alguén posuía.
    • Exemplo: Legou todas as súas propiedades ao Estado, porque non tiña fillos que o sucederan.

  Verbo pronominal

sucederse

  1. Ir unha cousa despois doutra, no espazo ou no tempo.
    • Exemplo: Ten moito coidado, porque nesta estrada sucédense varias curvas perigosas.