Galego

 
Vexa na Galipedia o artigo acerca de «sarrio».
  •   Pronuncia: /ˈsarjo̝/ (AFI)

  Substantivo masculino

sarrio (sg: sarrio; pl: sarrios)

  1. Substancia que sedimenta no fondo dun recipiente cun líquido, como o viño.
  2. Substancia que ennegrece as superficies en contacto con fume.
  3. Acumulación de sales de calcio e fósforo sobre a superficie dental, en forma de capa, de cor amarelada, sobre o esmalte dos dentes.