Galego

  Substantivo feminino


singular plural
cangalla cangallas
  1. (Carro) Pau recto que baixa verticalmente do xugo, a cada lado do pescozo da res. Cada parella de cangallas átase por debaixo cunha correa ou pialla.
  2. (Carro) Pau curvo, en forma de "U", que baixa do xugo formando un aro polo que se mete a cabeza da res.
  3. (Gandaría) Pau que se lles ata horizontalmente ó pescozo de certos animais, nomeadamente ós porcos, para impedir que entren por un portelo, unha porta ou similar.
  4. Cada unha das divisións dun acio de uvas.
  5. Resto dun acio, unha vez comidas as uvas.

Véxase tamén