Galego

 
Vexa na Galipedia o artigo acerca de «libre».
  •   Pronuncia: /ˈliβɾe̝/ (AFI)

  Adxectivo

libre (sg: libre; pl: libres)

  1. Que non está baixo o dominio de ninguén.
  2. [Obra intelectual ou expresión de coñecemento] que calquera pode estudar, usar, copiar e modificar para calquera fin.
  3. Que pode obrar ou decidir segundo a súa propia vontade.
  4. Que non está ocupado ou sendo usado.
  5. Que carece de restricións ou limitacións.
  6. Que se excede no seu comportamento, que non pon freo á súa conduta, en termos morais ou xurídicos.
  7. Tempo de lecer, o que non se ocupa traballando.
  8. Dito dun lugar, que está sen obstáculos, que se pode pasar a través del.
  9. Que non se suxeita a normas ou estilos preestablecidos.
  10. Falando de traducións, que non corresponde fielmente ao orixinal.
  11. Que non casou nin ten parella.
  12. (Deportes) Competencia na que o estilo o escolle o participante.

Traducións

Castelán

  •   Pronuncia: /ˈli.bɾe/ (AFI)

  Adxectivo

libre (ms: libre; mpl: libres; fs: libre; fpl: libres)

  1. Libre.

Francés

  •   Pronuncia: /libʁ/ (AFI)

  Adxectivo

libre (ms: libre; mpl: libres; fs: libre; fpl: libres)

  1. Libre.