Galego

 
Vexa na Galipedia o artigo acerca de «definición».
 
Unha definición indica o significado dunha palabra mediante outras palabras

definición (sg: definición; pl: definicións)


  Substantivo feminino

  1. Acción e efecto de definir ou definirse.
    • Exemplo: No acordo entre os países incluíase unha nova definición das fronteiras. Contribuíu á definición da arte moderna. Os militantes aprobaron unha nova definición ideolóxica do partido

      .
  2. Palabra ou conxunto de palabras utilizadas para definir algo.
    • Exemplo: Ás veces nun dicionario pódense dar diferentes definicións dun mesmo termo

      .
  3. Proposición que expón con claridade e exactitude os caracteres xenéricos e diferenciais de algo material ou inmaterial.
    • Exemplo: No artigo expresábase claramente a definición da nova especie

      .
  4. Declaración de cada un dos vocábulos, locucións e frases que contén un dicionario.
    • Exemplo: No dicionario expresábase con claridade todas as deficicións

      .
  5. Determinación dunha dúbida, preito ou contenda, pola autoridade lexítima.
    • Exemplo: As definicións do Concilio

      .
  6. Fixar con claridade e precisión o significado dunha palabra ou a natureza dunha persoa ou cousa.
    • Exemplo: A enciclopedia de 20 tomos daba cumpridas definicións de máis de 200 000 termos

      .
  7. Capacidade que ten un instrumento óptico, unha película fotográfica ou unha pantalla de televisión de reproducir imaxes con nitidez.
    • Exemplo: Televisor de alta definición. Este aparato ten pouca definición

      .
  8. (Óptica) Capacidade dun dispositivo como unha pantalla, unha impresora, un escáner ou unha cámara para producir ou recoller con maior ou menor nitidez unha imaxe.
    • Exemplo: Unha pantalla de alta definición

      .
  9. (Óptica) Nitidez dunha imaxe observada mediante instrumentos ópticos, cinematográficos, fotográficos ou televisivos.
    • Exemplo: Una fotografía con moita definición. Un televisor de alta definición

      .

Observacións

Traducións

Véxase tamén

Castelán

  Substantivo feminino

definición (sg: definición; pl: definiciones)

  1. Definición.