Galego

 
Vexa na Galipedia o artigo acerca de «imaxe».
  •   Pronuncia: [i.ˈma.ʃɪ] (AFI)

  Substantivo masculino

imaxe (sg: imaxe; pl: imaxes)

  1. Representación dun obxecto por medios visuais, gráficos, plásticos ou fotográficos.
  2. Estampa ordinariamente gravada e coloreada máis ou menos groseiramente.
  3. Efixie ou pintura de Xesús, da Virxe ou dun santo. Por extensión pode tamén ser a representación plástica dunha persoa ou cousa.
  4. Idea, representación mental.
  5. Para falar da semellanza entre duas cousas.
  6. (Física) En óptica:
    1. Imaxe real: A que se produce polo concurso dos raios de luz no foco real dun espello cóncavo ou dunha lente converxente.
    2. Imaxe virtual: A formada aparentemente detrás do espello.
  7. Fotografía e artes gráficas: Reprodución da figura dun obxecto pola combinación dos raios de luz.
  8. (Lingüística) Representación viva e eficaz dunha cousa por medio da linguaxe.
  9. (Literatura) Figura literaria. Metáfora pola cal se fai unha idea máis viva e máis sensible, prestándose ao obxecto do cal se fala das formas, das aparencias, das calidades tomadas a outros obxectos.
  10. (Matemáticas) Elemento que se asocia a outro nunha correspondencia.

Traducións