Galego

  •   Pronuncia: /ˈdo̞.mi.nio̞/ (AFI)

  Substantivo masculino

dominio (sg: dominio; pl: dominios)

  1. Acción de dominar.
    • Exemplo: Rebeláronse contra o dominio dos señores feudais. O cacique exercía un dominio ilexítimo na vila e arredores

      .
  2. Capacidade para dominar.
    • Exemplo: Exerce un dominio claro sobre os amigos. A empresa tardou pouco tempo en facerse co dominio do sector

      .
  3. Territorio sometido ao poder dun estado ou dunha persoa.
    • Exemplo: O termo Dominio usábase especialmente para designar os territorios do antigo Imperio británico que gozaban de autonomía plena, como o Canadá ou Nova Zelandia. Este home posúe vastos dominios nesa zona.

  4. Poder que alguén ten de usar e dispoñer do seu.
    • Exemplo: O vello exercía o dominio das súas terras, e non deixaba facer nada aos netos.

  5. Territorio onde se fala unha lingua ou un dialecto
    • Exemplo: O dominio lingüístico leonés

      .
  6. Coñecemento profundo dunha cousa ou grande habilidade para manexar unha cousa.
    • Exemplo: Dominio do inglés. Dominio do volante

      .
  7. (Figurado) Todo aquilo que comprende unha actividade, arte, ciencia, etc.
    • Exemplo: O dominio da química. O dominio da psicoloxía

      .
  8. (Bioloxía) Taxon superior da clasificación biolóxica, por riba do nivel de reino.
  9. (Dereito) Facultade para dispoñer dunha cousa.
    • Exemplo: Dominio directo

      .
  10. (Informática) Rede de identificación na que se agrupan webs ou outros recursos en liña organizados por tipo de entidade, adscrición territorial, ámbito de actividade ou identidade cultural, así como a extensión que se lle pon aos nomes dos enderezos desta rede.
    • Exemplo: Dominios de primeiro nivel

      .
  11. (Informática) Nome que se lle a cada unha destas redes de Internet.
    • Exemplo: O dominio galego é o .gal.

Observacións