Galego

  •   Pronuncia: /'rej.no̯/ (AFI)

  Substantivo masculino

reino (sg: reino; pl: reinos)

  1. Estado gobernado por un rei ou unha raíña.
    • Exemplo: Os reinos de Europa.

  2. (Historia) Cada un dos territorios dun Estado que anteriormente constituíron un reino.
    • Exemplo: O Reino de Galicia.

  3. (Bioloxía) Categoría taxonómica que agrupa filos de organismos que comparten trazos vitais básicos, como moneras, protistas, fungos, plantas e animais.
    • Exemplo: Os cinco reinos.

Termos relacionados

reino de Deus, reino dos ceos, título do reino.