lingua
Grafías semellantes: língua |
Galego
- Pronuncia: /ˈliŋ.ɡwa/ (AFI)
lingua (sg: lingua; pl: linguas)
- (Anatomía) Órgano musculoso e móbil, situado no interior da boca, con funcións na inxestión de alimentos e na articulación de sons.
- Exemplo: Pecha a boca e non saques a lingua.
- Termos relacionados: glosopeda, lingua azul.
- Exemplo: Pecha a boca e non saques a lingua.
- Por extensión, calquera forma que lembra unha lingua.
- Exemplo: Paseaba tódalas tardes pola lingua de area que formaba a praia.
- Termos relacionados: lingua de boi, lingua de can, lingua cerviña, lingua de gato, lingua de ovella.
- Exemplo: Paseaba tódalas tardes pola lingua de area que formaba a praia.
- (Lingüística) Sistema de comunicación verbal propio de seres humanos que na maior parte dos casos vai asociado a un sistema de representación escrito.
- Sinónimos: dialecto, fala, idioma, linguaxe.
- Exemplo: Mil primaveras máis para a lingua galega.
- Termos relacionados: lingua artificial, lingua irmán, lingua materna, lingua morta, lingua viva, lingua oficial, lingua vernácula.
- (Lingüística) Variedade dentro dun idioma.
- Sinónimos: xerga.
- Exemplo: A lingua dos canteiros ou verbo dos arxinas.
Termos relacionados
- lingua viperina
- andar nas linguas
- bota-la lingua a pacer, bota-la lingua ó sol
- coa lingua fóra, coa lingua de fóra
- darlle á lingua
- don de linguas
- irse da lingua
- morde-la lingua
- non remexe-la lingua
- ser un mala lingua
- ter [algo] na punta da lingua
- te-la lingua grosa
- tirar da lingua
Traducións
1ª definición
3ª definición
Italiano
lingua
- (Lingüística) Lingua.
- (Anatomía) Lingua.