Galego

  •   Pronuncia: /βeɾ.'βal/ (AFI)

  Adxectivo

verbal
(sg: verbal; pl: verbais)

  1. Relativo ou pertencente á palabra ou á expresión oral.
  2. Que se fai mediante a oralidade.
  3. Que se fai con palabras.
  4. (Gramática) Relativo ou pertencente ao verbo.
  5. (Gramática) Dito dunha estrutura sintáctica, que ten como núcleo un verbo.

Termos relacionados

acto verbal, cegueira verbal, locución verbal, nota verbal, perífrase verbal, predicado verbal, xuízo verbal