Galego

 
Vexa na Galipedia o artigo acerca de «fala».
  •   Pronuncia: [ˈfa.lɐ] (estándar) (AFI)

  Substantivo feminino

fala (sg: fala; pl: falas)

  1. Acción e resultado de falar.
    • Sinónimos: palabra.
    • Exemplo: O Xacobe, tras escoitar aquilo, quedou sen fala.

  2. (Lingüística) Idioma, lingua propia dunha comunidade.
    • Exemplo: Tardou anos en comprende-la fala dos nativos da illa.

    • Sinónimos: idioma, lingua, dialecto.
  3. (Lingüística) Uso particular da lingua por algúns membros ou colectivos ou proia dunha zona xeográfica concreta.
    • Sinónimos: linguaxe, xerga.
    • Exemplo: Bouza Brey recolleu a fala dos cesteiros de Mondariz.

    • Exemplo: O seseo é un risco propio da fala do Salnés.

  4. Forma de falar dunha persoa determinada.
    • Exemplo: A suave fala de Ana conquistouno.

Termos relacionados


Traducións


Chickasaw

  Substantivo

fala

  1. (Ornitoloxía) Corvo.


Polaco

  •   Pronuncia: [ˈfa.la] (AFI)

  Substantivo feminino

fala

  1. Onda.