Abrir o menú principal

Galego

  •   Pronuncia: [eks.tenˈsjoŋ] (AFI)

  Substantivo feminino

extensión (sg: extensión; pl: extensións)

  1. Acción ou efecto de estender ou estenderse.
  2. Dilatación.
  3. Erección dunha parte que antes estaba caída ou dobrada sobre si mesma.
  4. (Informática) Cadea de caracteres anexada ao nome dun arquivo, usualmente precedida por un punto. A súa función principal é diferenciar o contido do arquivo de modo que o sistema operativo dispoña o procedemento necesario para executalo ou interpretalo.
  5. (Xeometría) A parte do espazo que ocupa un corpo sólido nalgunha das tres dimensións de altura, anchura e profundidade. Só o punto carece de extensión.
  6. (Medicina) Operación cirúrxica que consiste en tirar coas mans ou por medio de instrumentos, da parte inferior ou móbil dun membro luxado ou fracturado, para colocar as superficies articulares na súa situación normal.
  7. (Música) Nas voces, a distancia dos sons, desde o máis grave até o máis agudo, e así se di que unha voz ten moita ou pouca extensión segundo a distancia que hai entre ambos extremos.
  8. (Veterinaria) Enfermidade no tendón flexor do pé do cabalo, resultante do esforzo da coroa sobre o tendón ou os ligamentos.
  9. O que se lle agrega a algo para facelo máis longo.
  10. Espazo ou superficie que abarca unha cousa.
  11. Duración dun momento ou cantidade de tempo.
  12. Nunha instalación telefónica cunha central, cada unha das liñas que se derivan.
  13. Número extra que hai que marcar para conectarse a un teléfono ligado a unha central ou centraliña.
  14. (Anatomía) Movemento que estira un músculo. Oponse a flexión.

Traducións