cabalo
Galego
- Pronuncia: [kaˈβa.lʊ] (estándar) (AFI)
cabalo (sg: cabalo; pl: cabalos)
- (Zooloxía) Mamífero solípede da familia dos équidos, de crina e rabo longos.
- (Xogo e xoguete) Carta da baralla española habitualmente representada por un xinete sobre o seu cabalo (mamífero).
- (Xadrez) Peza do xadrez que salta en ángulo recto tres escaques, habitualmente con forma de cabalo (mamífero).
- (Medicina) Dor muscular no pescozo que impide xirar a cabeza.
- Aparello ximnástico consistente nun corpo oblongo apoiado sobre catro patas sobre o que o ximnasta chimpa.
- (Mecánica, metroloxía) Cabalo de vapor.
Termos relacionados
- Cabala, cabalar, cabalaxe, cabaleriza, cabalete, cabalgada, cabalgar, cabalgata.
- Cabalo de batalla, cabalo de mar, cabalo de vapor, cabalo do demo.
- A cabalo, a cabalo de, ao cabalo, ás cabaleirolas, ás cabaliñas, de a cabalo.
Traducións
(1) Mamífero
(3) Peza de xadrez
(4) Doenza