aparello
Galego
- Etimoloxía: de aparellar, e este do latín appariculare, de apparare (preparar, dispoñer).
- Pronuncia: /apaˈɾeʎo/ (AFI)
aparello (sg: aparello; pl: aparellos)
- Utensilio para un determinado labor.
- (Arquitectura) Disposición construtiva e trabazón dadas aos materiais empregados en muros.
- (Mariña) Conxunto de mástiles, velas e cabos dunha embarcación a vela.
- (Pesca) Conxunto de útiles para poder practicar a pesca.
- (Tecnoloxía) Máquina composta por dúas poleas e unha corda.
Observacións
Aínda que algúns autores empregan os termos aparato e aparello como sinónimos, en galego, como noutros idiomas romances, cumpriría facer a distinción entre aparello, no sentido de dispositivo, mecanismo, etc., e aparato, co significado de pompa, boato, ostentación, etc. Así falaremos de aparello dixestivo ou de aparello de Golgi. Cf. portugués aparato/aparelho; catalán aparat/aparell, francés apparat/appareil.