aparato
Galego
- Etimoloxía: do latín apparātus, -ūs, 'preparación', 'preparativo'; 'pompa', 'suntuosidade'.
- Pronuncia: /apaˈɾato̯/ (AFI)
aparato (sg: aparato; pl: aparatos)
- (Tecnoloxía) Obxecto constituído por varias pezas montadas entre si que cumpren, en conxunto ou unha tras outra, unha función determinada.
- Exemplo: Colecciono aparatos de radio.
- Exemplo: Colecciono aparatos de radio.
- (Bioloxía) Conxunto de órganos e tecidos que cumpre unha función determinada.
- Exemplo: Éche o mellor especialista en aparato dixestivo.
- Exemplo: Éche o mellor especialista en aparato dixestivo.
- (Política) Conxunto de organismos ou colectivos que concorren para cumprir un mesmo fin.
- Exemplo: Un cambio de goberno non pode poñer en perigo o aparato do Estado.
- Exemplo: Un cambio de goberno non pode poñer en perigo o aparato do Estado.
- Grandeza e luxo vaidosos que se visualiza nun acto.
- Exemplo: A voda do Presidente do Goberno celebrouse cun grande aparato.
- Exemplo: A voda do Presidente do Goberno celebrouse cun grande aparato.
Observacións
- 1. Aínda que algúns autores empregan, en determinados contextos, os termos aparato e aparello como sinónimos, en galego, como noutros idiomas romances, talvez cumpriría facer a distinción entre aparello, no sentido de dispositivo, mecanismo, etc., e aparato, co significado de pompa, boato, ostentación, etc.
Cf. portugués aparato/aparelho; catalán aparat/aparell, francés apparat/appareil. - 2. Na 1ª e na 2ª acepcións úsase coimo sinónimo aparello. Na 1ª, ademais, úsase tamén como sinónimo máquina. E na 4ª acepción son sinónimos fasto, ostentación e pompa.
Véxase tamén
Termos relacionados
aparato circulatorio, aparato dixestivo, aparato excretor, aparato reprodutor, aparato respiratorio