Galego

tilla1

  Substantivo feminino

tilla (sg: tilla; pl: tillas)

  1. (Carro) Cuña de madeira que apreta o eixo á roda do carro.
  2. (Carro) Cada unha das pezas que serve para suxeitar o eixo do carro ás chedas.

Termos relacionados

Véxase tamén

tilla2

  Substantivo feminino

tilla (sg: tilla; pl: tillas)

  1. Morea de restos de broza, terróns etc., que se lle prenden lume na leira.
  2. Cinsa que queda no campo despois de queimar restos.

tilla3

  Substantivo feminino

tilla (sg: tilla; pl: tillas)

  1. Compartimento dunha embarcación que se atopa debaixo da cuberta de proa, que se emprega para gardar utensilios e roupa, ou para durmir.