cuña
Galego
- Etimoloxía: do latín cuneu(m), "cuña"
singular | plural |
cuña | cuñas |
- Peza de madeira, ferro, plástico, etc. que remata nun ángulo moi agudo. Utilízase para fender pedras, para suxeitar algo ou para nivelar.
- (Carro) Cada unha das pezas que serve para suxeitar o eixo do carro ás chedas.
- Sinónimos: dentoira, apeladoira, apoladoira, tilla, treitoira, xuntoiro.
- (Anatomía) Cada un dos tres ósos curtos da forma piramidal situados na fila distal do tarso.
- Sinónimos: cuneiformes.
Traducións
- Castelán: cuña (es).
- Francés: os cunéiforme (3)
Véxase tamén
- Apéndice: Partes do carro
- Vexa o artigo «carro» na Galipedia.
Castelán
cuña (sg: cuña; pl: cuñas)
- Cuña.