Galego

  •   Pronuncia: [ˈbaŋ.kʊ] (AFI)

  Substantivo masculino

banco (sg: banco; pl: bancos)

  1. Asento, normalmente de uso público, para varias persoas.
    • Exemplo: Os bancos do parque están medio podres.

    • Sinónimos: asento, bancada.
  2. (Economía) Establecemento de carácter financeiro dedicado a garda-los cartos dos seus clientes, conceder créditos, financiar investimentos, etc.
  3. Elevación do fondo mariño ou fluvial producida por depósito de areas ou outros sedimentos, polo que se reduce a profundidade nese punto.
    • Exemplo: O petroleiro encallou no banco porque non coñecía ben estas costas.

    • Sinónimos: baixío.
  4. (Colectivo) Conxunto de peixes dunha mesma especie -normalmente- que nadan xuntos, agrupados como en formación. Pode estar formado por milleiros de exemplares.
  5. En carpintería, mesa de traballo.
    • Exemplo: Traeme acá o cepillo, que está no banco.

  6. (Arte, Relixión) Franxa inferior dun retablo
  7. Moble a modo de mesa inclinada, de patas curtas, sobre o que se sangra o porco na matanza domiciliaria.
    • Exemplo: Costounos Dios e axuda subir o porco riba do banco.

    • Sinónimos: tallo
    • Termos relacionados: morcilla do banco

Termos relacionados

Traducións