Francés

  •   Etimoloxía: A palabra aparece na lingua francesa no século XV. Os banqueiros lombardos do norte de Italia cumprían o seu traballo en lugares abertos e instalábanse sobre bancos (bancs en francés), de onde deriva probablemente o nome.
  •   Pronuncia: /bɑ̃k/ (AFI)

  Substantivo feminino

banque (sg: banque; pl: banques)

  1. (Economía) Banco, comercio de diñeiro.
  2. (Economía) Edificio dedicado ao comercio de banco.
  3. Nalgunhas oficinas é un moble que sirve de mesa de traballo.