Galego

 
Matanza domiciliaria do porco
  •   Pronuncia: /maˈtanθa̝/ (AFI)

  Substantivo feminino

matanza (sg: matanza; pl: matanzas)

  1. (Socioloxía) Acción de matar numerosas persoas.
    • Exemplo: Na Matanza de Atocha, terroristas de extrema dereita mataron cinco avogados laboralistas do PCE.

    • Sinónimos: masacre
    • Termos relacionados: hecatombe
  2. (Alimentación) Conxunto de operacións para matar un porco, preparalo e elaborar os chourizos, carne e vísceras para o seu consumo ó longo do ano.
    • Observacións: Aplícase só á mata realizada no domicilio do propietario e exclusivamente para o consumo familiar, non ó sacrificio de porcos de carácter industrial.
    • Exemplo: Este domingo temos que ir á matanza a Lugo.

    • Sinónimos: mata, matalota
    • Termos relacionados: matachín, matón

Traducións