metal
Galego
- Pronuncia: /meˈtal/ (AFI)
metal (sg: metal; pl: metais)
- (Música) Conxunto de instrumentos de vento feitos orixinariamente de metal.
- (Química) Elementos químicos agrupados na táboa periódica dos elementos. Teñen de 1 a 3 electróns de valencia, sendo os seus átomos pouco electronegativos e tendo unha baixa enerxía de ionización.
- (Tecnoloxía) Material distinguido pola súa habilidade para conducir calor e electricidade. Os metais teñen certas propiedades físicas características: poden ser brillantes, ter alta densidade, ser dúctiles e maleables, ter un punto de fusión alto, ser duros, e ser bos condutores da calor e da electricidade.
Traducións
- Castelán: metal (es) (2 e 3)
- Francés: métal (fr) (2 e 3)
- Irlandés: miotal (ga)
- Italiano: metallo (it)
- Náhuatl: tepoztli (nah) (2 e 3)