Galego

  •   Pronuncia: /ko.res.ponˈðeɾ/ (AFI)

  Verbo transitivo

  1. Estar algo nunha relación de identidade ou igualdade con outra que se expresa.
    • Exemplo: A súa versión dos feitos corresponde á realidade

      .
  2. Ser algo do interese, obriga, pertenza, etc., da persoa que se expresa.
    • Exemplo: Agora correspóndeme entrar a min. Dáme a parte dos cartos que me corresponde. A ti non che corresponde opinar neste asunto.
  3. Algo ser propio de ou para o sitio que se expresa ou da época, tendencia etc., que se expresan

    .
    • Exemplo: Eses cadros corresponden á "época azul" de Picasso. Uns sucesos que corresponden á época da ditadura

      .
  4. Dar ou facer algo como resposta a un sentimento, a un aceno ou a outra cousa xa recibida.
    • Exemplo: Correspondeu cun agasallo ao favor que lle fixo. Correspondín ao seu saúdo cunha sonrisa.

Observacións

  Verbo pronominal

  1. Estar unha cousa en relación de igualdade ou identidade con outra que se expresa.
    • Exemplo: A práctica non se corresponde coa teoría

      .

Observacións