Locución substantiva feminina
estrutura primaria
- (Histoloxía vexetal) Estrutura interna dos pelos radicais de todas as raíces, e da raíz adulta das monocotiledóneas, que está formada pola epiderme, que protexe os tecidos internos, unha zona parenquimática baixo ela, e un cilindro central vascular na posición máis interna.
- (Histoloxía vexetal) Estrutura interna do caule das monocotiledóneas e dos caules novos das dicotiledóneas, constituída por un cilindro central formado por tecidos condutores que rodean o tecido parenquimático da medula, con xilema e floema separados por raios medulares, unha codia parenquimatosa formada por parénquima asimilador na periferia e de reserva cara ao interior (ás veces, diferénciase unha endoderme e un colénquima, este último situado por fóra do parénquima asimilador), e unha epiderme, con estomas e sen clorofila.
- (Bioquímica) Secuencia de aminoácidos dunha proteína.