secuencia
Galego
- Etimoloxía: do latín sequentia, 'continuación', de sequi, 'seguir'.
- Pronuncia: /se.ˈkwen.θja/ ou /se.ˈkwen.sja/ (AFI)
secuencia(sg: secuencia; pl: secuencias)
- Sucesión ou serie ordenada de cousas que gardan entre si certa relación.
- Exemplo: No carnaval de Río de Janeiro houbo unha secuencia de crimes
.
- Exemplo: No carnaval de Río de Janeiro houbo unha secuencia de crimes
- Nun filme, plano ou serie de planos que constitúen unha unidade argumental.
- Exemplo: Este director é moi hábil nas secuencias de planos e contraplanos.
- Exemplo: Este director é moi hábil nas secuencias de planos e contraplanos.
- (Bioloxía) e (Química) Ordenación específica das unidades que constitúen un polímero.
- Exemplo: Estuda a secuencia dos aminoácidos das proteínas. O problema está en que hai unha anomalía na secuencia dos nucleótidos do seu ADN.
- Exemplo: Estuda a secuencia dos aminoácidos das proteínas. O problema está en que hai unha anomalía na secuencia dos nucleótidos do seu ADN.
- (Lingüística) Orde sintáctica das palabras na frase.
- (Matemáticas) Conxunto de cantidades ou operacións ordenadas de tal maneira que cada unha está determinada polas anteriores.
- Exemplo: Tedes que calcular o límite desta secuencia
.
- Exemplo: Tedes que calcular o límite desta secuencia
- (Música) Progresión ou marcha harmónica.
- Exemplo: A secuencia do minueto.
- Exemplo: A secuencia do minueto.
- (Relixión) Texto litúrxico que se recita ou se le na misa despois do gradual.
- (Xeoloxía) En estratigrafía, sucesión de feitos xeolóxicos ou de rochas sedimentarias que seguen unha orde cronolóxica.