proteína
Galego
- Etimoloxía: do grego antigo πρωτεῖος (prōteîos, "primario"), de πρῶτος (prôtos, "primeiro").
- Pronuncia: /pɾotɛˈina̝/ (AFI)
proteína (sg: proteína; pl: proteínas)
- (Bioquímica) Macromolécula formada por α-aminoácidos. Pode estar formada por unha ou varias cadeas de aminoácidos. É unha molécula orgánica esencial na estrutura e función dos seres vivos, por exemplo, forma parte integral dos tecidos biolóxicos e moitas delas funcionan como encimas. Leva a cabo unha ampla gama de funcións nos organismos, como a catálise metabólica, replicación do ADN, resposta aos estímulos, transporte de moléculas etc. A súa función nutritiva fundamental é plástica, formadora de estruturas orgánicas. Tamén pode servir en determinados casos como fonte de enerxía, pero nunha alimentación equilibrada esta función é asumida polos carbohidratos e os lípidos.