froito
Galego
- Pronuncia: /ˈfɾoj.tʊ/ (AFI)
froito (sg: froito; pl: froitos)
- Órgano das plantas resultante da fecundación e transformación (maduración) do ovario da flor, característico pois das plantas anxiospermas. A súa función é protexe-las sementes e contribuír á súa diseminación. Nesta transformación, a parede do ovario dá lugar ó pericarpio do froito e o óvulo á semente. A forma, consistencia, tamaño e aspecto en xeral son moi variables segundo a especie da que proveña. A mazá é o froito da maceira.
- Por ext. O que produce a terra cultivada. A xeada estragou o froito da horta.
- (Figurado) Resultado dun traballo. Quedou moi satisfeito do froito obtido tras tanto esforzo.
Observacións
- Na súa primeira acepción, non se debe confundir con «froita», que é un concepto gastronómico.