Axuda:Como comezar a colaborar
Quixeramos, estimado lector ou lectora, que colaborases connosco na realización deste dicionario. Non te preocupes se non es un experto nalgún tema, pois hai moitas cousas nas que colaborar:
- A primeira lei fundamental é escribir artigos. Podes crealos directamente, ou copialos ou traducilos dunha fonte de dominio público ou que teña unha licenza compatible coa nosa. Se tes ganas de traducir, un sitio ideal ó que recorrer é outro dos wiktionarys, en especial o francés ou o inglés, que son os que teñen maior movemento e por tanto máis artigos, máis extensos e mellor corrixidos en xeral.
- Se queres colaborar escribindo artigos ou cargando imaxes podes visitar as páxinas Modelo:ArtigosSolicitados e Modelo:ImaxesSolicitadas.
- Tamén podes axudar ampliando as páxinas para completar, para ter uns artigos máis completos.
- Colle páxinas orfas e fai que teñan algunha páxina que se refira a elas, para mellor aproveitar o seu contido. De igual xeito, as páxinas que non levan a ningunha outra editada, e ponlles algún enlace a outro artigo que xa teña o wiktionary.
- Bótalle unha ollada aos artigos sobre palabras ou expresións relacionadas co teu traballo, a túa cidade, país, universidade, etc. Se a entrada existe (o máis probable polo momento é que non sexa así), comproba se podes agregar información, ou se a información que xa contén é correcta.
- Se cando uses a páxina aleatoria ou doutro xeito, chegas a un artigo que consideras que necesita unha revisión maior, pero non sabes que facer, deixa unha nota na súa páxina de conversa (todo artigo ten unha). Iso trasladarao a Cambios recentes e pode que algún outro colaborador o mellore.
- Promociona este dicionario entre as túas amizades, en sitios de novas que frecuentes, blogues, etc., en calquera lugar que penses que poida haber xente interesada. Pero, por favor, non fagas cadeas (spam): é un método de difusión que deixa moito que desexar, ademais de afectarnos a todos.
- De se che ocorreren outros xeitos de colaborar, non dubides en engadilos a esta páxina :).
Volver á páxina de Axuda. |