Celsius
Galego
- Etimoloxía: do antropónimo Anders Celsius (1701-1744), astrónomo sueco.
- (Física) Unidade de temperatura da escala Celsius, centígrada ou centesimal. Símbolo: ºC
- Sinónimos: grao centígrado, grao Celsius.
Observacións
O nome oficial desta unidade foi acordado en 1948, durante a 9ª Conferencia Xeral de Pesos e Medidas (CR 64), xa que antes desta data o nome era grao centígrado (e tamén, aínda que menos usado, grao centesimal), porque Celsius, cando a propuxo en 1742, estableceuna tomando como puntos de referencia as temperaturas de conxelación e de ebulición da auga, marcando estas referencias nun termómetro de mercurio, e dividindo o espazo entre as marcas en cen partes iguais, polo que as referencias serían, daquela, "cero graos" e "cen graos", respectivamente, e, consecuantemente, os graos serían centígrados ou centésimos.
A Conferencia fixo a modificación do nome desta unidade, ademais de para homenaxear a Celsius, para evitar posíbeis confusións no uso do prefixo centi- do SI.
Contodo, seguimos falando de graos centígrados ou de graos Celsius, mesmo os científicos (agás cando teñen que poñer por escrito o nome nun traballo).