Conversa:Bosnia-Hercegovina
Último comentario: Calq hai 2 anos no fío "Pronuncia (gl)"
Pronuncia (gl)
editarCalq, estás seguro desa pronuncia en galego? En especial a pronuncia de "Hercegovina"... non creo que sexa así. --Norrin strange (conversa) 28 de decembro de 2021 ás 13:51 (UTC)
- Do Dicionario de Pronuncia: /hɛɾt͡seɣoˈβina̝/ ou /ɛɾθeɣoˈβina̝/. [ Furagaitas * ] 8 de xaneiro de 2022 ás 23:32 (UTC)
- Pois iso é o que pon no dicionario mencionado por Furagaitas, o dicionario de pronuncia do Instituto da Lingua Galega, non che é invención miña. Realmente no dicionario este non aparecen os nomes de países, senón de xentilicios. Entendo que a túa dúbida é por ese fonema /ts/ que non existe no galego e certamente pronuncialo ben eu non sei. E bueno, pescudando, entendo eu que isto ou vén da pronuncia de Hercegovina no serbocroata do lugar, o c en serbocroata pronúnciase /ts/, e o h como /x/ ou de Herzegovina (no Digalego aparece Herzegovina na definición de hercegovino), que vén do alemán Herzog (un título nobiliario similar a duque), e pronuncian o z como /ts/, e o h como /h/. Se me preguntas a min persoalmente, non me parece mal /hɛɾt͡seɣoˈβina̝/, é unha curiosidade, ademais que é un nome propio, como tamén me parece ben /ɛɾθeɣoˈβina̝/. É como a pronuncia de alzhéimer, que é un apelido alemán, se o pronuncias ben pois si quedas de pedante, e pronuncialo mal ao final é o normal... eu que sei... qué cres ti Norrin...--Calq (conversa) 14 de xaneiro de 2022 ás 15:50 (UTC)